Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días o seguinte expediente:
Expediente: 29/2012.
Actividade: ampliación do cemiterio parroquial de Berdillo (proxecto modificado).
Situación: San Lourenzo, Berdillo, Carballo.
Solicitante: Eladio García López, en representación do Consello parroquial de San Lourenzo de Berdillo.
Lugar e horario de consulta: Oficina Técnica Municipal, de luns a venres, das 10.00 ás 13.00 horas.
Durante o período indicado, que empezará a contar desde o día seguinte á data da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no tabolerio de anuncios deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente e formular por escrito as alegacións ou observacións que consideren oportunas.
Carballo, 18 de xaneiro de 2013
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde

