Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de exposición pública sobre ampliación do cemiterio de Sofán.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días o seguinte expediente:

Expediente: 55/2012.

Actividade: ampliación do cemiterio parroquial de Sofán.

Situación: praza nº 2, Sofán, Carballo.

Solicitante: Jorge Ángel Iglesias Negreira, en representación do Arcebispado de Santiago de Compostela.

Lugar e horario de consulta: Oficina Técnica Municipal de luns a venres das 10.00 ás 13.00 horas.

Durante o período indicado, que empezará a contar desde o día seguinte á data da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no tabolerio de anuncios deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente e formular por escrito as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

Carballo, 18 de xaneiro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde