Todas aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda situada na avenida de Pontevedra, núm. 45, portal C, 5º H, A Estrada, Pontevedra, son requeridas para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.
Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, núm.7, 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 56 18/07).
Expido, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 10 de xaneiro de 2013
(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

