Notifícaselle ao denunciado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita, e que na súa parte dispositiva di: «sancionar a Electricidade Spule, S.L. coa multa de 5.000,00 (cinco mil) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta proposta de resolución».
O interesado dispón de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para presentar alegacións, perante a xefa territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e pode examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 6 de febreiro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente sancionador: E.S. 56/12.
Denunciada: Electricidade Spule, S.L.
Infracción: artigo 34.1.b) da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE nº 176, do 23 de xullo).