Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012394AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 23 de xaneiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012394AL-CO incoado a Patricia Aguiar Bernárdez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Patricia Aguiar Bernárdez o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012394AL-CO.

Interesada: Patricia Aguiar Bernárdez (Restaurante O Alambique).

DNI/NIF/CIF: Y05995546.

Derradeiro enderezo coñecido: travesía de Arteixo, 7-9, Suevos, 15142 Arteixo.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Art. 50.1.d) e e). Art. 51.1.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007), art. 5, puntos 1, 2, 3, 4 e 5.

Anexo II. Capítulo I. Requisitos xerais dos locais destinados aos produtos alimenticios (que non sexan os mencionados no capítulo III), puntos 1.2.a), b), c) e d), 4, 8 e 10; art. 3; art. 7.3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 600 €. Seiscentos euros.