O 23 de xaneiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012406TA-CO incoado a José Manuel Pastoriza Gómez.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José Manuel Pastoriza Gómez o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 1 de febreiro de 2013
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2012406TA-CO.
Interesado: José Manuel Pastoriza Gómes (Koppas).
DNI/NIF/CIF: 32676397K.
Último enderezo coñecido: Moeche, 13-1º esq., 15570 Narón.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: artigos 35.b.2) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos: 7.u); 19.3 b).
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: 601 €, seiscentos un euros.