Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5277

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 20 de febreiro de 2013 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante á folga convocada no sector de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece o dereito á folga como dereito fundamental da persoa.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A folga foi convocada polas organizacións sindicais CC.OO., CIG e UGT, está dirixida a todos os traballadores e traballadoras das empresas e centros de traballo afectados polo convenio colectivo de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia, e levarase a efecto todos os xoves e venres desde as 00.00 horas do día 25 de febreiro ata as 24.00 horas do día 5 marzo de 2013.

Con base no anterior, e despois da audiencia ao comité de folga e aos responsables das prestacións de transporte sanitario no ámbito da folga, a conselleira

DISPÓN:

Artigo 1

A convocatoria de folga que afecta o persoal das empresas e centros de traballo afectados polo convenio colectivo de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá efecto desde as 00.00 horas do día 25 de febreiro ata as 24.00 horas do día 5 marzo de 2013, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde.

O ámbito da folga abrangue:

1) Transporte sanitario urxente, organizado e xestionado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia 061 a través da RTSUG (Rede de transporte sanitario urxente de Galicia). O servizo préstase mediante:

– Ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (AA-SVA) medicalizadas ou UVI móbiles, é dicir, ambulancias tipo C concertadas por US-061, que se corresponden cun total de 10 unidades situadas en 10 bases. O horario de servizo é de 24 horas.

– Ambulancias asistenciais de soporte vital básico (AA-SVB), é dicir, ambulancias tipo B concertadas por US-061 que se corresponden cun total de 101 unidades. O número de bases por provincia é a seguinte: 31 bases na provincia da Coruña con 36 vehículos, 19 bases na provincia de Lugo con 20 vehículos, 14 bases na provincia de Ourense con 15 vehículos, e 23 bases na provincia de Pontevedra con 30 vehículos.

2) Transporte sanitario das altas hospitalarias e traslados intercentros, organizado e xestionado desde os hospitais e prestado con ambulancias tipo convencional, asistencial de soporte vital básico e asistencial de soporte vital avanzado.

3) Transporte sanitario non urxente, xestionado desde os centros e estruturas do Servizo Galego de Saúde e prestado con ambulancias tipo convencional, asistencial de soporte vital básico e vehículos de transporte sanitario colectivo.

4) Transporte sanitario prestado polas empresas que afecten enfermos ou accidentados na Comunidade Autónoma, non incluído nos puntos anteriores.

A Rede de transporte sanitario urxente de Galicia (RTSUG) está organizada de acordo cunha superficie, unha poboación e un complexo mapa de isócronas, onde cada recurso garante o servizo a unha poboación nunha área determinada, cun persoal especificamente formado para este tipo de asistencia, e sobre a base de que poden ocorrer accidentes e darse situacións de urxencia de difícil resolución se non están dispoñibles todos os recursos de transporte urxente, dado que non se pode prever a demanda. O número de ambulancias contratadas está axustado a esa finalidade. En consecuencia, para garantir a protección á saúde da poboación e dar resposta ao 100 % dos servizos solicitados pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061, neste ámbito imponse unha cobertura do 100 % das unidades.

O resto dos traslados que se establecen como esenciais xustifícanse polas necesidades asistenciais específicas de diferentes grupos, e tamén para garantir a protección do dereito á saúde de pacientes en situacións especiais e aos que calquera demora na asistencia derivada da falta de medios de transporte e asistencia adecuada poida desencadear un risco vital.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a necesaria cobertura asistencial respecto ao transporte sanitario a través das empresas afectadas pola folga, coa finalidade de evitar que se produzan prexuízos graves para a saúde.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga coa adecuada atención a enfermos e accidentados que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

Os criterios reitores para a determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais na folga referida son os seguintes:

1) Unha cobertura do 100 % das unidades respecto da atención urxente prestada a través do 061.

2) O 100 % dos servizos de transporte para enfermos que requiran tratamentos continuados de oncoloxía e diálise.

3) Para a realización de traslados inter e intrahospitalarios e doutros servizos que poderán ser demandados polos centros hospitalarios, mantendo como mínimo un vehículo, determinarase o 50 % dos recursos por quendas de traballo, que ten que incluír inescusablemente os vehículos de soporte vital avanzado asignados a cada centro.

4) No traslado para consultas externas e probas diagnósticas en pacientes ambulatorios, cubrirase o servizo no caso de que o paciente necesite padiola.

Os vehículos que resulten precisos para o mantemento dos servizos mínimos, consonte os anteriores criterios reitores, contarán coa dotación mínima de persoal establecida na normativa vixente.

Artigo 2

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllense as bases e ambulancias asistenciais básicas e avanzadas medicalizadas precisas para cubrir os servizos mínimos durante a folga.

A determinación concreta do persoal que debe cubrir os servizos mínimos será realizada pola dirección da empresa, mediante comunicación nominativa e individual do dito persoal.

A designación deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios da empresa con antelación ao comezo da folga.

O persoal designado que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a súa substitución por outro/a profesional da empresa que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No expediente de determinación de servizos mínimos da empresa, que estará dispoñible para xeral coñecemento do persoal destinatario, deberá quedar constancia dos criterios e xustificación ponderados para determinar os ditos servizos.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías á poboación e usuarios dos servizos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción de acordo coas normas vixentes.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

Anexo
Bases e ambulancias asistenciais básicas e avanzadas medicalizadas precisas para cubrir os servizos mínimos durante a folga

Provincia da Coruña:

A Coruña (3)

*Narón

Arteixo

Negreira

Arzúa

Noia

As Pontes

Oleiros

Betanzos

Ordes

Boiro

Ortigueira

Cambre

Padrón

Carballo (2)

Ponteceso

Cariño

Pontedeume

Cedeira

Ribeira

Cee

Sada

Cerceda

Santa Comba

Ferrol (2)

Santiago (2)

Mazaricos

Teixeiro

Melide

Vimianzo

Muros

Total provincia da Coruña: 31 bases/36 ambulancias

Provincia de Lugo:

Becerreá

Monforte

Guitiriz

Navia de Suarna

Burela

Palas de Rei

O Corgo

A Pontenova

Chantada

Quiroga

A Fonsagrada

Ribadeo

*Foz

Sarria

Lugo (2)

Vilalba

Meira

Viveiro

Mondoñedo

Total provincia de Lugo: 19 bases/20 ambulancias

Provincia de Ourense:

A Gudiña

Ourense (2)

Allariz

A Pobra de Trives

Bande

Ribadavia

O Carballiño

Verín

Castro Caldelas

Viana do Bolo

Celanova

Xinzo de Limia

Maceda

Total provincia de Ourense: 14 bases/15 ambulancias

O Barco

Provincia de Pontevedra:

A Cañiza

Nigrán

A Estrada

O Grove

A Guarda

*Ponteareas (2)

*Arbo

Pontevedra (2)

Bueu

O Porriño

**Baiona

Sanxenxo

Caldas de Reis

Redondela

Cambados

Silleda

Cangas

Tui

Lalín

*Vigo (6)

*Marín

Vilagarcía

Moaña

Total provincia de Pontevedra: 23 bases/30 ambulancias

Total Galicia: 87 bases/101 ambulancias

* Estas unidades están operativas 12 horas en horario diúrno. Este mesmo horario correspóndese co de tres das unidades de Vigo e unha das unidades de Ponteareas.

** Esta unidade está operativa doce horas en horario diúrno de luns a venres e vinte e catro horas os sábados e domingos.

Entre paréntese figura o número de recursos cando a base ten máis de un.

• Ambulancias medicalizadas:

A Coruña (2)

Vigo

Ferrol

Mos

Lugo

Santiago

Ourense

Foz

Pontevedra