Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5271

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de decembro de 2012 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2013.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 26 de decembro de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 47815, no artigo 1, número 4, primeiro parágrafo, onde di: «As capturas accidentais fóra da tempada hábil de exemplares de menos de 40 cm e mais as capturas en tramos de pesca sen morte terán que ser devoltas á auga con rapidez ...», debe dicir: «As capturas accidentais, as capturas fóra da tempada hábil, as capturas de exemplares de menos de 40 cm e mais as capturas en tramos de pesca sen morte terán que ser devoltas á auga con rapidez ...».

– Na páxina 47818, no artigo 3, número 1, onde di: «g) Outras masas de auga: do 18 de marzo ao 31 de xullo», debe dicir: «g) Outras masas de auga: do 17 de marzo ao 31 de xullo».

– Na páxina 47820, no artigo 4, epígrafe Engados, on di: «e) A partir do 31 de xullo, ...», debe dicir: «e) Fóra da tempada hábil, ...».

– Na páxina 47821, no artigo 7, onde di: «As normas de pesca son as que se recollen nas ordes do 9 de novembro ...», debe dicir: «As normas de pesca son as que se recollen nas ordes do 21 de novembro ...», e onde di: «...para a súa adxudicación no ano 2012», debe dicir: «... para a súa adxudicación no ano 2013».

– Na páxina 47835, na táboa do anexo V, cómpre eliminar a ringleira da bacía do Navia que corresponde aos ríos Suarna e Lamas.

– Nas páxinas 47842 a 47844 , na táboa do anexo IX, cómpre inserir unha nova ringleira co seguinte contido:

Río

Provincia

Concellos

Límite superior

Límite inferior

km

Deza

Pontevedra

Silleda e Vila de Cruces

30 m augas abaixo da restitución de auga da minicentral de Saídres

Desembocadura do río de Orza

4,1

– Na páxina 47850, na táboa do anexo X correspondente á provincia de Lugo, na ringleira do couto A Pontenova-lote 4 (O Cairo), columna titulada «Cat.», onde di: «Salmón», debe dicir: «Salmón/reo».

– Na páxina 47851, na táboa do anexo X correspondente á provincia de Lugo, na ringleira do couto San Tirso-lote 2 (Estreitos), columna titulada «Cat.», onde di: «Salmón», debe dicir: «Salmón/reo».

– Na páxina 47851, na táboa do anexo X correspondente á provincia de Lugo, na ringleira do couto San Tirso-lote 3 (Louredal), columna titulada «Cat.», onde di: «Salmón», debe dicir: «Salmón/reo».

– Na páxina 47851, na táboa do anexo X correspondente á provincia de Lugo, na ringleira do couto Vilarmide, columna titulada «Núm. troita», onde di: «10», debe dicir: «8».

– Na páxina 47877, na táboa do anexo XI correspondente á provincia de Pontevedra, na ringleira correspondente ao río Tea no concello de Covelo, columna titulada «Obs.», onde di: «Afluentes», debe dicir: «Afluentes, agás Regato da Ponte Pardellas e Río Bo».

– Na páxina 47884, na parte do anexo XIV correspondente ao río Eo, no número 1. Períodos hábiles, onde di: «17 de maio», debe dicir: «19 de maio» e na epígrafe de Engados para reo, troita e ciprínidos, onde di: «Do 1 de xullo a 31 de xullo permítense todos os engados, excepto a culleriña, o devón e o peixe artificial», debe dicir: «Do 1 de xuño a 31 de xullo permítense todos os engados, excepto a culleriña, o devón e o peixe artificial».

– Na páxina 47885, na parte do anexo XIV correspondente ao río Eo, na epígrafe de Especies vedadas, deben suprimirse os ciprínidos.