Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas LMTA, CTA, RBTA, Mourelos-Poboado (Touro) (expediente 378/2008).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1.103 m, con orixe nun novo apoio que se intercalará entre os apoios existentes nº 77 e nº 78 da LMTA denominada POR-709 e final no centro de transformación que se instalará no lugar de Mourelos-Poboado, no termo municipal de Touro (expediente 378/2008), por resolución desta xefatura territorial do 17 de agosto de 2012, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 16 e 17 de abril de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Touro, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego con datas 17.7.2009, 3.7.2009 e 2.7.2009, respectivamente, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará, notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña