Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 11/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa de instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT rúa Santa Marta de Arriba M4.A2.

Situación: Concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, con orixe na LMTS SNT8277-Santiago 2-Santa Marta 27 (expediente: 2007/407), con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, e final na mesma liña unha vez entre e saia no CT proxectado, usando o mesmo condutor tipo existente en obra e 21 m de canalización existente (expediente IN407A 2011/019).

Desmontaxe e traslado do centro de transformación existente avda. Liberdade, 5 (expediente IN407A 2011/019), recuamento provisional polas obras de construción do edificio que o albergará.

Centro de transformación (CT) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña