Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 68/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social numero 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 68/2011, por instancia de Silvia Brea Crego, contra o executado José Luis Pereiras Iglesias, sobre reclamación de cantidade, se ditou, o día 4 de febreiro de 2013, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 26.714,93 euros de principal, máis 2.671,49 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas. Esta insolvencia entenderase para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial