Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5320

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (994/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 994/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Barja Barrio e Manuel Varela Valín contra Esabe Vigilancia, S.A. e Prosegur Compañía de Seguridad, S.A. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Parte dispositiva.

Procede aclarar o feito probado primeiro da sentenza de data 7.1.2013 no sentido de que os demandantes veñen prestando servizos por conta e orde da empresa Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., dedicada á actividade de servizo de seguridade desde o 1.1.2011.

Notifíqueselles ás partes este auto facéndolles saber que contra este non cabe recurso ningún, salvo o que se interpoña fronte á resolución principal.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 1 de febreiro de 2012

O secretario xudicial