Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (717/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 717/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio José Losada Romero contra Canalonsa Aluminio Lugo, S.L. e Canalonsa, C.B., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Que, estimando a demanda interposta por Julio José Losada Romero contra as empresas Canalonsa Aluminio Lugo, S.L. e Canalonsa, C.B., e contra o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 30 de xuño de 2012, e condeno solidariamente as empresas demandadas a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opten entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 8.748,65 euros e, no caso da opción pola readmisión, ao aboamento dos salarios de tramitación en contía de 40,27 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización, enténdese que procede a primeira. Con imposición das custas procesuais ás demandadas e absolvendo o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzarlle nos casos legalmente previstos.

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Canalonsa Aluminio Lugo, S.L. e Canalonsa, C.B., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 1 de febreiro de 2013

O secretario xudicial