Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5317

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (656/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 656/2012.

Demandantes: Nanci Pais Estalote, Manuel Garea Quintela, José Antonio Vázquez García, Diego Martínez Ramos, Agustín Beiro Buiturón.

Avogado: Francisco Pampín Miras.

Demandados: Austral Instalaciones, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Avogado: (…), avogado do Estado.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 656/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nanci Pais Estalote, Manuel Garea Quintela, José Antonio Vázquez García, Diego Martínez Ramos, Agustín Beiro Buiturón contra a empresa Austral Instalaciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Nanci Pais Estalote, Manuel Garea Quintela, José Antonio Vázquez García, Diego Martínez Ramos e Agustín Beiro Buitrón contra a entidade Austral Instalaciones, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Austral Instalaciones, S.L. a que lles aboe aos demandantes as cantidades que se explicitarán, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A Nanci Pais Estalote, a cantidade de 6.364,87 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A Manuel Garea Quintela, a cantidade de 8.200,52 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A José Antonio Vázquez García, a cantidade de 9.925,04 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A Diego Martínez Ramos, a cantidade de 6.626,52 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A Agustín Beiro Buitrón, a cantidade de 6.681,48 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Austral Instalaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial