Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 656/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 656/2012.

Demandantes: Nanci Pais Estalote, Manuel Garea Quintela, José Antonio Vázquez García, Diego Martínez Ramos, Agustín Beiro Buiturón.

Avogado: Francisco Pampín Miras.

Demandados: Austral Instalaciones, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Avogado: avogado do Estado.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 656/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nanci Pais Estalote, Manuel Garea Quintela, José Antonio Vázquez García, Diego Martínez Ramos, Agustín Beiro Buiturón contra a empresa Austral Instalaciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o seguinte auto de aclaración de sentenza:

«Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 21 de xaneiro de 2013, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución, e quedará redactada a decisión na forma que se especificará, manténdose integramente o restante contido:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Nanci Pais Estalote, Manuel Garea Quintela, José Antonio Vázquez García, Diego Martínez Ramos e Agustín Beiro Buitrón contra a entidade Austral Instalaciones, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Austral Instalaciones, S.L. a que lles aboe aos demandantes as cantidades que se explicitarán, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A Nanci Pais Estalote, a cantidade de 6.364,87 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A Manuel Garea Quintela, a cantidade de 8.200,52 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A José Antonio Vázquez García, a cantidade de 6.626,52 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A Diego Martínez Ramos, a cantidade de 9.925,04 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

– A Agustín Beiro Buitrón, a cantidade de 6.681,48 € brutos polos salarios devindicados entre febreiro e maio de 2012.

Notifíqueselles esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asino, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial