Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5313

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (638/2012).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 638/2012.

Demandante: Constantino Felipez Freijeiro.

Avogado: Carlos Jaime López Pardo.

Demandados: Rehabilitaciones Hércules, S.A., Fondo de Garantía Social da Coruña.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 638/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Constantino Felipez Freijeiro contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Constantino Felipez Freijeiro contra a entidade Rehabilitaciones Hércules, S.A. e a súa Administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 12 de abril de 2012, con efectos desde o 30 de abril de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Rehabilitaciones Hércules, S.A. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.420,38 € máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 43,67 € diarios e, polo tanto 11.921,91 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Constantino Felipez Freijeiro contra a entidade Rehabilitaciones Hércules, S.A. e a súa Administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Rehabilitaciones Hércules, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.706,86 € brutos polos salarios devindicados entre xaneiro e abril de 2012 (ambos os dous meses inclusive) e a compensación económica de vacacións non gozadas no ano 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial