Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5311

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 716/2012).

Número de autos: procedimiento ordinario 716/2012.

Demandante: Marcos Pose Suárez.

Avogado: Jorge Espasandín Fernández.

Demandados: Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 716/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Pose Suárez contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marcos Pose Suárez contra Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L. a que lle aboen ao demandante a cantidade de 1.278,72 € por salarios devindicados en xuño de 2011, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación á empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial