Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1103/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1103/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Louzán Caamaño contra a empresa Conszoa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 71/2013.

Nº de autos: procedemento ordinario 1103/2010.

Na cidade da Coruña, trinta de xaneiro de dous mil trece.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante José Ramón Louzán Caamaño, que comparece asistido da letrada Zaida Pérez López e doutra, como demandados Conszoa, S.L. e o Fogasa que non comparecen.

Decido que estimando a demanda formulada por José Ramón Louzán Caamaño contra a empresa Conszoa, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.874,54 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros, conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. E coa obriga do Fondo de Garantía Salarial de pasar pola presente sentenza nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtase que, contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así por esta sentenza, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que conste e sirva de notificación á empresa Conszoa, S.L., expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

O secretario xudicial