Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (904/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 904/2010 deste xulgado do social, seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Antonio García Vázquez e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción, que comparece representada polo letrado Sr. Rodríguez Ferreiro, contra a empresa Antonio García Vázquez, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 120,73 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Antonio García Vázquez, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

O secretario xudicial