Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5307

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3782/2010-MDM).

Secretaría: Sr. Gamero López-Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3782/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 122/2010 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorrido: Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorrido: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: María José Martínez-Fariza Conde.

Recorrido: Aparejadores, Instalaciones, Cálculos y Estructuras, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3782/2010 desta sección, sendo recorrente o Instituto Nacional da Seguridade Social e recorridos a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Aparejadores, Instalaciones, Cálculos y Estructuras, S.L. e a demandante Mutua Gallega, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou sentenza con data 23 de xaneiro de 2013, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, actuando en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza de data vinte e oito de abril de dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 122/2010, seguidos por instancia da Mutua Gallega contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Aparejadores, Instalaciones, Cálculos y Estructuras S.L. e a recorrente, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparejadores, Instalaciones, Cálculos y Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial