Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a licitación da contratación mediante un procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, do servizo de seguridade privada nas dependencias deste organismo.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2013/227.01/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: prestación servizo de seguridade privada nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

b) Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.

c) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 133.200,00 euros; o importe do IVE: 27.972,00 euros.

5. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18460

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo M, subgrupo 2 e categoría B.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que deben achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro do Instituto Galego de Estatística, das 9.00 ás 14.00 horas.

2) Enderezo: Complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: acto público.

b) Enderezo: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística. Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña). 15703.

d) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de 3 días hábiles.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística