Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

CÉDULA do 6 de febreiro de 2013 pola que se notifica a resolución para a execución da garantía (expediente 7/2009) devolta polo servizo de Correos por resultar a empresa destinataria ausente na repartición.

O 20 de decembro de 2012, a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ditou resolución pola que se acorda a execución da garantía constituída pola empresa Feyju Galicia, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao amparo do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle á empresa Feyju Galicia, S.L. a dita resolución.

Así mesmo, faiselle saber que non pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está á súa disposición nas dependencias do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2013

P.S. (Orde do 14 de xaneiro de 2013)
Patricia García Antelo
Subdirectora xeral de Administración e Persoal