Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución de desistencia/arquivamento da solicitude de cambio de réxime de compravenda a alugamento en relación co expediente de construción PO-91/504 e conta de facturación 2.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de desistencia/arquivamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: PO-91/504, conta de facturación: 2.

Nome: Comunidade Hereditaria de Rosalía Carrera García.

Enderezo: Polígono de Torneiros, fase IV, portal 1, baixo esquerda, O Porriño, Pontevedra.

Asunto: resolución desistencia/arquivamento.

Contido: resolvo declarar concluído o procedemento, de conformidade co disposto no artigo 91.2 da citada lei, e procédese, en consecuencia, ao arquivamento da solicitude de cambio de réxime de compravenda a alugamento da vivenda correspondente ao expediente PO-91/504 e conta de facturación 2.

Recurso: contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante esta xefatura territorial ou ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que considere oportuno.