Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria para a designación de persoal directivo profesional no posto de coordinador/a xeral por libre designación.

Recibida a notificación do BOE indicando a non obrigatoriedade da publicación da convocatoria para a designación de persoal directivo profesional no posto de coordinador/a xeral do Concello de Sada, procédese á súa publicación no DOG para os efectos de iniciar o prazo para a presentación de solicitudes.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña nº 13, do 18 de xaneiro de 2013 e nº 18, do 25 de xaneiro de 2013, publicáronse integramente a convocatoria e as bases, aprobadas polo Decreto da Alcaldía nº 51/2013, do 14 de xaneiro, para prover mediante libre designación:

– 1 posto de coordinador/a xeral.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 18 de febreiro de 2013

Ernesto Anido Varela
Alcalde