Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de exposición pública sobre a ampliación do cemiterio parroquial de Entíns (Outes).

O Concello de Outes anuncia a exposición ao público do proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de Entíns, no núcleo rural tradicional do lugar de Entíns, que promove o Arcebispado de Santiago de Compostela, con suxeición ao proxecto técnico redactado pola arquitecta Sra. Sande Beiro. A ampliación consiste na construción de 10 novos panteóns con cadanseus tres nichos polo vento oeste do actual recinto do cemiterio.

O proxecto exponse ao público coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar as suxestións e reclamacións que xulguen oportunas no prazo de 20 días soltos contados desde que se publique este anuncio no taboleiro de edictos e na páxina dixital da corporación, no Boletín Oficial da provincia da Coruña, e no Diario Oficial de Galicia.

O expediente está ao dispor das persoas interesadas nas oficinas da casa do concello.

Outes, 4 de febreiro de 2013

Carlos E. López Crespo
Alcalde