Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación para adxudicación do servizo de xestión da escola infantil do concello da Guarda.

Aprobado polo Decreto da Alcaldía do 11 de xaneiro de 2013 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da xestión do servizo de escola infantil do concello da Guarda, exponse ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora:

Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato:

Adxudicar a contratación da xestión do servizo de escola infantil do concello da Guarda.

Duración:

Un ano prorrogable por outro ano máis.

Tipo de licitación:

145.000 euros anuais (cento corenta e cinco mil euros, IVE incluído), respecto do cal se admiten baixas.

Modalidade de adxudicación:

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías:

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

Exame do expediente:

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións:

As proposicións presentaranse no rexistro xeral deste Concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fora inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións:

Ás dez horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación, en acto público, procederá á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C) . Para estes efectos, se tal día fora sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 11 de xaneiro de 2013

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde