Convocada a provisión dun posto de traballo vacante neste centro, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada, en virtude do establecido na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve adxudicarlle o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.
Pontevedra, 31 de xaneiro de 2013
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Nome e apelidos: José Ignacio Martínez Armentia. DNI 35288213-A.