Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 10 de decembro de 2012 (DOG nº 242, do 20 de decembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 10 de decembro de 2012.
Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data en que debe cesar no seu destino, o funcionario está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro. O/a xefe/a do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013
P.D. (Orde 30.3.2012, DOG do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: Ruiz de Almirón Schlung, Javier.
NRP: 0251485135A2052.
Grupo: A2.
Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia-escala de enxeñeiros técnicos forestais.
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
Código: MR.C99.10.901.27001.001.
Nivel: 28.
Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.
Localidade: Lugo.