Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5388

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se nomea a secretaria do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

O 13 de abril de 2012 publicouse no DOG a nova Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (con entrada en vigor o 14 de abril de 2012) a cal, no seu artigo 92, dispón:

O Comité Galego de Xustiza Deportiva estará integrado por unha presidenta ou un presidente e catro vogais, todos eles licenciados en dereito. Designaranse igualmente dous suplentes para os supostos de vacantes, enfermidade ou ausencia.

O nomeamento dos membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva realizarao o órgano da Administración autonómica competente en materia deportiva. Na sesión constitutiva do órgano elixirase unha presidenta ou un presidente.

Estará asistido por unha secretaria o un secretario designado pola Administración autonómica, que actuará nas reunións do comité con voz pero sen voto.

Por todo o exposto, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear como secretaria do Comité Galego de Xustiza Deportiva a:

Mª Rebeca Arijón Gontad.

Segundo. Ordenar a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2013

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte