Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axuda ao Programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, regulada na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 2 de abril), relativo ao expediente TR347D 2008/38-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

De conformidad co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70-baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 31 de xaneiro de 2013

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2008/38-2.

Nome: Manucris Moda, S.L.

DNI/NIF: B27336882.

Último enderezo coñecido: avda. da Coruña, 471-5º B, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, do anexo D, punto 1 da Orde do 26 de marzo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.