Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 1 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

A interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que, por quenda, corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 1 de febreiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2009/187-5.

Interesada: Emilia Martín Flores.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 31 de xaneiro de 2013.