Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada nova subestación de transporte de Tomeza 220 kV, no termo municipal de Vilaboa (expediente IN407A 2010/65-4).

En cumprimento do disposto no artigo 128 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público que o 24 de xaneiro de 2013 o Consello da Xunta de Galicia adoptou, por proposta da Consellería de Economía e Industria, o acordo que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Red Eléctrica de España, S.A.U., con enderezo para os efectos de notificación en Paseo Conde de los Gaitanes, nº 177, 28109 Alcobendas (Madrid), resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 26 de febreiro de 2010 a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación para o que presenta a preceptiva documentación a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. A empresa achega, ademais, informe de cualificación ambiental emitido pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 16 de novembro de 2007, en relación co proxecto de referencia xunto co proxecto da liña a 220 kV de entrada e saída na subestación, no cal se considera a non procedencia de someter o devandito proxecto ao trámite de avaliación de impacto nin de efectos ambientais.

Segundo. As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Parque de 220 kV, esquema de dobre barra, constituído por módulos GIS de interior, SF6, con oito posicións (seis posicións de liña –dúas delas para Adif, AVE–, unha de banco de condensadores e outra de acoplamento e medida) e catro de reserva. A instalación estará situada nas parcelas 354 e 345 do polígono 4 do Concello de Vilaboa (Pontevedra), con acceso pola estrada A Ramalleira-Bértola, polo camiño ao Rial.

Terceiro. Con data do 3 de agosto de 2010, para os efectos previstos no artigo 36.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no artigo 114 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo emite informe favorable sobre o devandito proxecto.

Cuarto. Por Acordo do 20 de agosto de 2010, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas de referencia, para o que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro de 2010, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 11 de outubro, no xornal Faro de Vigo do 28 de setembro e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vilaboa (Pontevedra) e da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería.

Así mesmo, practicóuselle notificación individual aos interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

Quinto. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións, das cales se deu traslado á empresa promotora:

• Aurelia Amoedo Iglesias, Rafael Amoedo Senra, José Carlos Fernández López, Dorinda Fernández Rosendo, Aurita C. Fernández Rosendo, Javier Rosendo Amoedo, Alfonso Rosendo Lago, María Beatriz Rosendo Sanjorge, María del Pilar Rosendo Sanjorge, Roberta Sanjorge Fernández, Manuel Solla Verdeal, Juan M. Vázquez Peso, Manuel Senra Suárez, Jorge Barcala Martínez, Guillermo Rodríguez Álvarez, Sonia Fernández Senra, Manuel Fernández Amil, David Diz Ferro, María del Carmen Martínez Matalobos, Jesús Martínez Silva, Ana Senra Suárez, María del Carmen Fernández Senra, Julio Estévez Crespo, Enrique Crespo Otero, Rubén Expósito Pazos, José Antonio Acuña García, Antonio Filgueira Boullosa, Roberto Acuña Martínez, Verónica Comesaña Rosales, Rafael Fontán Argibay, Ángel Tejero Carreiras, Lino Regueira González, Pablo López Covelo, Lourdes Viñas Boullosa, Benito Barreiro Iglesias, Gerónimo Rubén Rodríguez, Ernesto Alonso Martínez, José Luís Barreiro Pérez, Alberta Vidal Requejo, Enrique Senra Vidal , Luis Javier Senra Suárez, Sonia de Jesús Mesquita Fortunas, José Pastoriza Moula, Argentino López Vidal, José Carlos Gándara Muíños, Juan Jesús Otero Tourón, José Antonio Acuña Mella, Roberto Garrido Sobral, Leticia Garrido Orge, Teresa Núñez, Efraín Rosello, Evangelina Percincula, Hebel Peluffo Stefano, Sandra Irañeta Núñez, Marina Fernández Sanmartín, Ana Orge Domínguez, Gastón Peluffo Frañeta, Emilio Couso Iglesias, María Lucía Pazos Sobral, Francisco Javier González Peón, Milagros Peón Canosa, José M. Pousada Outerelo, Manuel Viñas Agís, María Begoña Baldomar Blanco, Jesús Manuel Crespo Portela, Antonia Dacosta Pereira, Emilio Adolfo Tourón Dacosta, Maite Acuña Vaqueiro, Daniel Rey Sieiro, Paula Tourón Ferreira, Eligio Amoedo Regueira, Javier Amoedo Acuña, Amelia Acuña Rodríguez, Josefina Acuña Rodríguez, José Justo Arosa, Victoria López Amoedo, Clara Iglesias Rodríguez, Eligio Justo Rodríguez, María Luisa Franqueira Pereira, Fernando Crespo Boullosa, María Esther Otero Soutelo, María del Carmen López González, Alejandro López Acuña, Domingo Soto Mesías, María Dolores López González, José Luís Campos Rebollido, María Jesús Vidal Louro, José Luís Campos López, María Josefa González Rodríguez, Laureano Rodríguez Soto, María del Pilar Pastoriza Malvar, Laura Campos López, Mercedes Otero González, Benjamín Pereira Farto, José Ramón Martínez Cons, Soledad Otero González, Eva Martínez Otero, Alejandra Martínez Otero, María del Carmen Barcala González, Carmen Amoedo Peón, Dolores Otero Amoedo, Enrique Crespo Pérez, Francisco Torres Barcala, José Luís Vázquez Capa, Mónica Blanco Gaspar, Julio Justo Rodríguez, Luisa Acuña Justo, Sonia Acuña Justo, Héctor López Vidal, Begoña Losada Ibárrez, Enrique Losada Beloso, Herminda Ibárrez López, Eva García López, Palmira Poceiro Calvar, Manuel Otero Fuentes, María Teresa Otero Poceiro, Luís Amoedo Vilas, Miguel Ángel Freijeiro Mouza, Ángeles Otero Poceiro, Manuel Otero Poceiro, Javier Filgueira Blanco, María del Pilar Juncal Rodríguez, Teresa Rodríguez Amoedo, Emilio Juncal Farto, Fermín Sotelo Fernández, Clara Baltasar Pazos, Ana María Senín Baltasar, Sara María Sotelo Senín, María Fernández Rodríguez, José Sotelo Iglesias, Julio Sotelo Fernández, María Belén Pego Fraguela, Aquilino Romero, Argimiro Cao, Sandra Charlín Canosa, Isolina Canosa Couso, Manuel Soutelo Gulias, Manuel Canosa Acuña, Dolores Couso Garrido, María del Carmen Canosa Couso, María Mercedes Filgueira Rodríguez, César Coto Suárez, María Suárez Otero, José Regueira González, Ana Regueira Otero, Manuela Regueira Otero, María José Fernández Coto, Andrés Rey González, Divina Boullosa Rodríguez, Constantino Lamoso Couso, Xosé Lois Portabales Magariños, Manuel Conde Conde, Manuel Gil Ríos, Fran Eirín González, Xosé M. Tobío González, Benito Boullosa Moure, Eugenio López Tourón, Dolores González Mariño, María del Mar Torres Pazos, Purificación Pazos Freire, Carlos Torres Barcala, María Fariña Castro, Vicente Rincón Moreno, José Vicente Rincón Molina, María del Carmen Molina Moreno, Manuel Pousada Ogando, Josefina Muíños Pozo, Óscar Gómez Moldes, Silvia Pousada Gándara, Josefa Gándara Muíños, Pilar Santiago Domínguez, Laureano Vázquez Muíños, Pablo Novas Vázquez, Manuel Dios González, Elvira Suárez Pintos, Beatriz Peón Filgueira, Milagros Filgueira Vigo, José Ángel Peón Pazos, Felisa Peón Pintos, Eva María López Vida, José Carlos Sánchez Garrido, Luz María López Vidal, María del Carmen Peón López, Estefanía Varela Ambroa, Victoriano Barcala Cortes, Eugenio Barcala Peón, José Manuel González Outerelo (presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Santa Columba de Bértola), Olegario Peleteiro Otero, María Otero Otero, Olegario Peleteiro Coto, Soraya Peleteiro Otero, Lourdes Justo Sotelo, Ovidio Reguera Otero, Nieves Sotelo Iglesias, Pedro Rodríguez Fernández, Dolores Loureiro Martínez, Dolores Rodríguez Loureiro, Florentino Alonso Alonso, Virginia Martínez Arosa, Paula Fernanda Freijeiro Garrido, Javier Ramón Martínez, Isaura Ramón Cochón, Valeriano Ramón Cochón, Adolfo Martínez Taboada, María Elisa Santiso Rodríguez, Herminia E. Amoedo Regueira, Carmen Guerra Ferreira, Paz Martínez Guerra, Eladio Martínez Arosa, Alicia Guerra Ferreira, Eva García Justo, Emilio Suárez Rodríguez, Julio García Couso, Lucía García Justo, Carmen Justo Arosa, Nuria Campelo Estévez, Roberto Campelo Estévez, María Isabel Estévez Suárez, José Campelo Naveira, Josefa González Rodríguez, Miguel Ángel Campos López, Patricia Domínguez González, Eusebio Domínguez González, Tania Vicente Caride, Gena Leiro Torres, Ángel Arosa Brullón, Carmen Rincón Molina, Ángel Arosa Leiro, José Pastoriza Garrido, Alcira Malvar Covelo, María Teresa Santiago Coello, Manuel Malvar Acuña, Marta Malvar Acuña, Mercedes Mariño Garrido, José Acuña Couso, María Malvar Acuña, Borja Vence Arias, Ana Malvar Acuña, Dolores Acuña Mariño, Gerardo Ramallo Piñón, Manuel Malvar Magariños, Ana Otero Tourón, Andrea Freijeiro Otero, Miguel A. Freijeiro Mouta, José Manuel Otero Poceiro, Abraham Curras Franqueira, Genaro Méndez Sobral, Pura Porto Míguez, José María Couto Suárez, Lucía Couto Méndez, Amelia Méndez Porto, María del Mar Oujo Pintos, Iván López Oujo, Francisco Javier López González, Rosalía González Mariño, María Cruz Amoedo Pintos, Modesto Soutelo Otero, Mercedes Filgueira Rodríguez, María Luz Abal Porto, Mara Suárez Otero, Cristina Días Buceta, Nuria Vilas Aquino, Verónica García Soage, Olyenka Álvarez Rodas, Diana Alfonso Carabelos, María Teresa Rodríguez Cajollado, Beatriz Rodríguez Gómez, Gracia Piñeiro Rodal, Robustiano Aquino García, María del Rosario Aquino Candamil, José Víctor Coto Suárez, María Luz López Toubes, Sara Toubes Cerdeira, José López Bugallo, Mónica Crespo Otero, David Arosa Barcia, Roberto Carlos Varela González, Isabel Crespo Otero, Carmen Amoedo Pérez, María Ángeles Rodríguez Padín, Ángeles Padín Ruibal, Enrique Vidal Couñago, Manuel Rodríguez Janeiro, Jessica Martínez Alén, Daniel Cortegoso González, Ignacio Catalán Solla, Ramona Soutelo Gulias, José Manuel Otero Soutelo, Juan Jesús Otero Villaverde, María Esther Dopazo Pontevedra, Paula Orozco Rodríguez, María Luísa Rodríguez Boullosa, Ángel Castiñeira Fontán, José Fernando López Torres, Marisol González Míguez, Alexandre López González, Elva Míguez López, Francisco Javier Álvarez Curro, María del Carmen Estévez Rodiño, María Luísa Rodriña Balaboa, Francisco Javier Álvarez Estévez, Emilia Rodríguez Filgueira, Eliseo Boullosa Boullosa, Beatriz Pereira López, Jesús Farto Curras, Jesús Farto Barcia, Margareth Barcia da Silva, Antonia Novoa González, Manuel Ríos Casal, Milagros González Soutelo, Ricardo Rodríguez Ríos, Josefa Vilas Pousada, José Luís Boullosa Regueira, Berta Boullosa Vilas, María del Carmen Crespo Boullosa, Isabel Boullosa Rodríguez, Enrique Soto Hermida, Jacobo Soto Boullosa, Elvira Pereira Peón, Manuel Giráldez Rodríguez, Pilar Pereira Peón, José Alberto Acuña Couso, Carmen Crespo Rodríguez, Nemesio Peón Cortes, Pilar Crespo Crespo, Alberto Acuña Crespo, María Luísa Estévez Curras, María Acuña Estévez, María Isabel Pérez Vidal, Leonardo Pérez Boullosa, Carmen Vidal Santiago, María Victoria Collazo Domínguez, Manuel Portela Canosa, José Acuña Ruzo, Elisa Landeira Mansilla, Carmen Acuña Ruzo, Mercedes Farto Acuña, Purificación Acuña Crespo, Gloria Curras Acuña, Patricia Portabales Curras, David Barreiro García, Borja Longueira Enríquez, Amando Enríquez Fiuza, José Antonio Longueira Durán, Julia Boullosa Crespo, María Luísa Enríquez Boullosa, José Manuel Juncal Alonso, María Luz Moreira Lojos, Julia Acuña Crespo, Antonio Boullosa Acuña, María del Carmen Peón Pazos, Isidro Boullosa Peón, Crisanta Conde García, Paula Bastos Corujeira, Santiago Ricón Conde, Teresa Montes Pereira, Raúl López Eiros, Juan Montes González, Marina Pereira Farto, Mercedes Boullosa Rodríguez, Emilio Gómez Fernández, Mercedes Gómez Boullosa, Luz Divina Lamoso Boullosa, José Manuel Tobío González, Daniel Narciso Porto, María del Carmen Porto Míguez, Purificación Míguez Crespo, Alberto Narciso Iglesias, Enrique Senra Vidal, José Manuel Sotelo Fernández, María del Carmen Cal Peón, Adrián Sotelo Cal, Lorena Álvarez González, Tamara Álvarez González, Julia Peón Cortés, Francisco Cal González, José Luís Cal Peón, presentan escritos de alegacións por separado, pero con igual contido, nos cales poñen de manifesto a gran preocupación existente entre os veciños da parroquia de Bértola a consecuencia do impacto visual e social e da incidencia na súa calidade de vida que derivará da implantación destas infraestruturas eléctricas, sinalando a especial sensibilidade da zona debido á proximidade dun núcleo de poboación. O sentir dos veciños desa parroquia é de absoluta oposición á situación nesta zona de máis infraestruturas eléctricas, dada a afección á súa calidade de vida e saúde que disto derivará.

• Julio Carmona Barros, en representación da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), e Enrique Senra Vidal xunto con Roberto Garrido Sobral, Héctor López Vidal, Andrés Rey González, Paz Martínez Guerra, Laureano Rodríguez Soto e Alejandro López Acuña, no seu propio nome e representación e en beneficio dos veciños da parroquia de Bértola presentan escritos de alegacións por separado, pero con idéntico contido, nos cales expoñen que a subestación forma parte do Plan de electrificación do eixe atlántico de alta velocidade e que desde decembro de 2008 os veciños da parroquia de Bértola veñen demandando ao Concello de Vilaboa medidas pola caótica exposición á contaminación electromagnética cuns criterios de control e protección actualmente considerados insuficientes e obsoletos. Solicitan un estudo de avaliación de incidencia ambiental do Plan de electrificación do eixe atlántico de alta velocidade no seu conxunto, tanto a nivel do Concello de Vilaboa, incluíndo o centro de transformación proxectado para alimentar a subestación e as liñas alta tensión desde a súa orixe, como a nivel galego, polo que non debe obviarse unha avaliación do plan de implantación do Plan de electrificación da liña do AVE a nivel da comunidade galega, considerando que a atomización do plan en diversos proxectos distorsiona a súa avaliación global, e facendo referencia ao disposto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Solicitan que todos os proxectos implicados neste Plan de electrificación do eixe atlántico de alta velocidade minimicen os riscos sobre a saúde, cunha negociación previa cos veciños implicados sobre a localización, tendo en conta a presenza doutras instalacións previas para limitar e minimizar o efecto acumulativo da exposición á contaminación electromagnética, e mantendo unha distancia proteccionista de 1 m a edificios por cada kV de tensión nominal da liña, con mecanismos de control local, para o que fan referencia a diversos estudos e informes científicos relativos aos efectos negativos dos campos electromagnéticos sobre a saúde, así como á xurisprudencia que recoñece a capacidade das administracións autonómicas e locais para fixar criterios máis proteccionistas que os establecidos na lexislación estatal. Os alegantes tamén solicitan que a avaliación global de todos os proxectos implicados neste plan de electrificación teña en conta o impacto vexetal e da avifauna, a contaminación acústica e aérea e o perigo de ignición. Por último, solicitan a retirada da exposición pública e a anulación do acto por ser a exposición insuficiente para informar do que se pretende, considerando que a atomización en distintos proxectos parciais do plan de electrificación dificulta a transparencia e a valoración integral do seu impacto, favorecendo a indefensión xurídica da veciñanza.

• José Luís Poceiro Martínez, alcalde presidente do Concello de Vilaboa, presenta escrito de alegacións no cal se considera por parte dese concello o seguinte:

– As necesidades de subministración eléctrica da zona atópanse amplamente garantidas coas infraestruturas actuais, non están de acordo coa xustificación dada pola empresa para a execución da instalación e sinala que a finalidade das instalacións ten por único obxecto o de ampliar a capacidade de subministración para cubrir as necesidades derivadas da posta en funcionamento do tren de alta velocidade, manifestando a este respecto a máis plena e firme oposición do Concello de Vilaboa, en atención ao impacto que a implantación das instalacións orixinará na parroquia de Bértola, facendo notar o feito de que no proxecto se fai referencia en todo momento á parroquia de Tomeza, entendendo que se trata dun erro de situación, do cal se solicita rectificación, e en atención, ademais, ao feito de que na actualidade se atopa en tramitación na Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional o recurso interposto por ese concello contra a aprobación do proxecto Eixe atlántico de alta velocidade. Electrificación. Subestacións e centros de transformación asociados. Tramo Vigo-A Coruña, no relativo ás instalacións que se van situar no Concello de Vilaboa. Débense ter en conta, en conxunto, todas as actuacións destinadas a dar subministración eléctrica ao AVE, o que orixinaría a obriga de avaliación de impacto ambiental, polo que resulta inadmisible o fraccionamento de proxectos desde o punto de vista ambiental.

– Fanse as seguintes consideracións de carácter urbanístico: a clasificación dos terreos onde se localizarán as infraestruturas eléctricas é a de solo apto para urbanizar de solo industrial, de acordo coas Normas subsidiarias de planeamento municipal (NSPM) do 1.2.1988, cuxo artigo 18 precisa que, en canto non se aproben plans parciais nin se executen as obras de urbanización, non se poden edificar nin levantar outras instalacións. Por tratarse dun planeamento non adaptado, segundo a disposición transitoria 1ª.c) da Lei 6/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), correspóndelle o réxime de solo urbanizable non delimitado, no que segundo o artigo 21.4 da dita lei resulta precisa a aprobación dun plan de sectorización para o seu desenvolvemento, aplicándose mentres tanto o réxime de solo rústico. O réxime establecido polo artigo 36 da LOUGA para o solo rústico de protección ordinaria non permite o uso de infraestruturas deste tipo. O artigo 35 desta lei prohibe a apertura de novos camiños, como o previsto para dar servizo á subestación, así como os movementos de terra para a explanación do terreo en que se instalará a subestación. Finalmente, alega que a edificación de mando e control non cumpre o disposto no artigo 174 das NSPM.

– Na documentación presentada por Red Eléctrica de España, S.A.U. omítese a realización de calquera tipo de análise con respecto á afección ao medio en que se pretenden implantar as instalacións, resultando evidente o grave impacto que na paisaxe da zona orixinarán os elementos proxectados, facendo referencia ás obrigas de todos os órganos administrativos de acordo co disposto na Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, e sinalando as posibles afeccións ao regato situado ao norte da parcela onde se pretende situar a subestación e ao regato próximo, río Tomeza, así como á necesaria salvagarda do Camiño de Santiago que discorre polas proximidades.

– Polo que respecta ao medio social en que se prevé a implantación das instalacións, ponse de manifesto a especial sensibilidade da zona dada a proximidade dun núcleo de poboación. Así o sentir dos veciños da parroquia de Bértola, á cal o concello presta o seu apoio, é o de total oposición á situación nesta zona de máis infraestruturas eléctricas, dado o impacto que nas súas condicións e calidade de vida orixinaría, considerándose a obriga de que as devanditas instalacións resulten sometidas ao correspondente procedemento de declaración de efectos ambientais, sen prexuízo de que este concello estea traballando na elaboración dunha ordenanza municipal na cal se tratará de garantir un control continuado da adecuación da actividade e dos niveis de emisións electromagnéticas aos límites establecidos nesta.

– A referencia que se fai na memoria do proxecto en canto á posibilidade dunha futura ampliación da subestación en catro posicións máis orixina intranquilidade no concello, poñéndose de manifesto que, no caso de que estas instalacións fosen autorizadas, unha futura ampliación debería ser obxecto dun novo proxecto xustificativo, para o que se deberán seguir os trámites establecidos no Real decreto 1955/2000, cunha nova consulta a ese concello e unha nova información pública, resultando, neste caso, moi difícil o cumprimento dos requisitos establecidos no Real decreto 1066/2001.

– Por último, faise constar que, en último termo, a posta en funcionamento das instalacións dependerá tamén do control urbanístico municipal polo outorgamento da correspondente licenza urbanística, logo de sometemento, se é o caso, ás previsións do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, con carácter previo ao outorgamento da licenza de actividade, que soamente será outorgada de cumprirse as exixencias da mencionada ordenanza municipal que se pretende ter aprobada para ese momento.

Sexto. Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente:

• José Luis Poceiro Martínez, alcalde presidente do Concello de Vilaboa, presenta escrito de oposición á autorización da instalación en que se recollen idénticas consideracións ás feitas no escrito de alegacións presentado por ese concello no período de información pública.

Red Eléctrica de España, S.A.U. presenta escrito de contestación ao devandito escrito de oposición, que foi remitido pola Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería ao Concello de Vilaboa. Este concello presenta un novo escrito de oposición ao proxecto reafirmándose nas consideracións realizadas no seu primeiro escrito.

• Os servizos técnicos de arquitectura do Servizo de Patrimonio Cultural de Pontevedra emiten informe, con data do 30 de agosto de 2010, no cal se recolle que a subestación proxectada ocupa parcelas situadas dentro do territorio polo que discorre o Camiño de Santiago, na súa ruta denominada Camiño Portugués, polo que, antes da súa aprobación, o proxecto deberá ser remitido á Consellería de Cultura e Turismo (actual Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) para o seu preceptivo informe, en que se establecerán as medidas protectoras e correctoras que se consideren necesarias para a protección do Patrimonio Cultural de Galicia.

Os servizos técnicos de arqueoloxía do Servizo de Patrimonio Cultural de Pontevedra emiten informe con data do 27 de agosto de 2010 no que se recolle que, na actualidade, non se coñece ningún xacemento arqueolóxico no ámbito das parcelas afectadas pola construción da subestación, nin nas súas proximidades. Así e todo, con anterioridade á execución das obras, deberá ser realizada unha prospección arqueolóxica da zona, por un técnico competente, de acordo co Decreto 199/1997, do 10 de xullo, co fin de avaliar a posible afección destas sobre elementos do patrimonio cultural.

Red Eléctrica de España, S.A.U. presenta escrito con data do 21 de decembro de 2010, en contestación aos devanditos informes, en que manifesta que na data deste escrito se están levando a cabo as actuacións necesarias para obter as correspondentes autorizacións que en dereito sexan procedentes e correspondan á competencia da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, deixando a salvo o disposto no artigo 120 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

• Unión Fenosa Distribución, S.A. emite condicionado desfavorable ao proxecto en que manifesta ser titular da autorización administrativa e da aprobación do proxecto de execución do proxecto denominado Subestación Tomeza 66 kV, nova construción, concedida mediante Resolución do 25 de agosto de 2009, da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería, modificando posteriormente a súa implantación como consecuencia dunha negociación con Red Eléctrica de España, S.A.U., para situar o parque de transporte e o parque de distribución na mesma parcela, facéndose efectiva a devandita negociación nun acordo asinado o 25 de maio de 2010 por ambas as dúas entidades, segundo o cal, Unión Fenosa Distribución, S.A. vende a Red Eléctrica de España, S.A.U. os terreos para a implantación da Subestación de 220 kV, sendo estes obxecto de expropiación neste expediente, invadindo o valado desta subestación ao longo de 6 m a parcela prevista para a subestación de distribución, non parecendo axeitado formular un expediente expropiatorio entre dúas sociedades con dúas actividades complementarias e cuxa finalidade é a mesma, polo que expresan a necesidade de que Red Eléctrica de España, S.A.U. reformule o proxecto tendo en conta o manifestado.

Red Eléctrica de España, S.A.U. presenta escrito de contestación ao devandito condicionado, que foi remitido pola Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería a Unión Fenosa Distribución, S.A., advertindo que, se no prazo de quince días non presenta novo escrito de reparos, se entenderá a súa aceptación ao escrito da empresa peticionaria, continuando a tramitación do expediente, de acordo co establecido no artigo 131.4 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, non tendo constancia esta consellería na data de hoxe, da emisión dun novo escrito de reparos.

• A Deputación Provincial de Pontevedra, como organismo afectado nos seus bens e dereitos pola instalación eléctrica de referencia, non contestou á petición da súa conformidade ou oposición, nin á reiteración desta petición, efectuadas pola Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería e, en consecuencia, en aplicación do establecido no artigo 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, débese entender a súa conformidade coa autorización da instalación.

Sétimo. Con data do 7 de novembro de 2011 os servizos técnicos da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería emitiron informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente.

Oitavo. Con data do 23 de maio de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas efectuou consulta á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre o mantemento ou non da cualificación ambiental do proxecto ditada con data do 16 de novembro de 2007 e achegou copia dos informes con consideracións ambientais emitidos na tramitación administrativa do expediente, así como das alegacións presentadas que conteñen consideracións ambientais.

Noveno. Con data do 7 de xuño de 2012, en resposta á consulta referida no antecedente de feito anterior, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informa do mantemento na actualidade da cualificación ambiental do proxecto emitida con data do 16 de novembro de 2007.

Décimo. Con data do 23 de xullo de 2012, Red Eléctrica de España, S.A.U. presenta escrito ante esta dirección xeral e achega o informe favorable emitido con data do 15 de xuño de 2012 pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en relación coa avaliación cultural do proxecto e coa intervención no Camiño de Santiago, co cumprimento das consideracións sinaladas no informe favorable emitido con data do 29 de maio de 2012 polo Comité Asesor do Camiño de Santiago.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo único.1.c) que o Consello da Xunta de Galicia será o órgano competente para outorgar as autorizacións administrativas cando o peticionario e mais a Administración, organismo ou empresa de servizo público ou de servizos de interese xeral afectada que emitiu o condicionado manteñan a discrepancia en canto ás condicións técnicas establecidas nel e o órgano competente para autorizar a instalación eléctrica non acepte as ditas condicións técnicas.

Terceiro. Á vista dos condicionados emitidos na tramitación do expediente, da contestación dada pola empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

• Con respecto aos condicionados presentados por José Luis Poceiro Martínez, alcalde presidente do Concello de Vilaboa, mediante os que se opón á execución das instalacións obxecto da presente resolución na parroquia de Bértola:

– En relación coas consideracións feitas sobre a xustificación da instalación, cómpre dicir que a execución das infraestruturas permitirá a mellora xeral da eficiencia no transporte, aumentando a seguridade da rede de 220 kV da zona, e que se trata tamén dunha instalación vinculada á subministración do Eixe atlántico do tren de alta velocidade. Esta instalación atópase incluída na planificación dos sectores de electricidade e gas relativa ás redes de transporte, planificación que ten carácter vinculante para os distintos suxeitos que actúen no mercado eléctrico e que é realizada polo Goberno, por proposta do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, coa participación das comunidades autónomas, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, procedemento no cal participa Red Eléctrica de España, S.A.U., como xestor da rede de transporte.

– Con respecto á solicitude de rectificación da referencia no proxecto á situación da instalación na parroquia de Tomeza, en vez de na parroquia de Bértola, no concello de Vilaboa, hai que dicir que no punto 2.1.1 da memoria do proxecto de execución consta que a infraestrutura se atopa situada no concello de Vilaboa, con acceso na estrada A Ramalleira-Bértola. Así mesmo, no Acordo do 20 de agosto de 2010 de información pública consta o concello de Vilaboa como o concello onde se atopa situada a instalación. A denominación da infraestrutura como nova subestación de Tomeza non se refire á súa situación, quedando constancia no proxecto da súa situación no concello de Vilaboa e non no concello de Pontevedra.

– Non se toman en consideración as afirmacións relativas ao recurso interposto por ese concello contra a aprobación do proxecto Eixe atlántico de alta velocidade. Electrificación. Subestacións e centros de transformación asociados. Tramo Vigo-A Coruña, por non formar parte do expediente obxecto da presente resolución.

– Con respecto ás consideracións de carácter ambiental e ás relacionadas coa necesidade de avaliación global do Plan de electrificación do eixe atlántico de alta velocidade, cómpre dicir que con data, 23 de maio de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas efectuou consulta á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre o mantemento ou non da cualificación ambiental do proxecto ditada con data do 16 de novembro de 2007, achegando copia dos informes con consideracións ambientais emitidos na tramitación administrativa dos expedientes, tanto da subestación como da liña de entrada/saída, así como das alegacións presentadas con consideracións ambientais. Á vista desta documentación e unha vez revisados os expedientes que constan nesa secretaría xeral, infórmase que tanto o proxecto da subestación como da liña de entrada/saída non se atopan previstos nos anexos I e II do texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, e posteriores modificacións, nin no anexo do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non tendo a zona de actuación na actualidade (como tampouco cando se emitiu a anterior cualificación ambiental) ningunha figura autonómica ou estatal de protección de espazos naturais, non son polo tanto de aplicación outros posibles supostos previstos na devandita normativa e, en consecuencia, esa secretaría xeral informa que pode manterse a cualificación ambiental emitida no seu día, na cal se considera a non procedencia de someter o devandito proxecto ao trámite de avaliación de impacto nin de efectos ambientais. En concreto, con respecto ás consideracións relativas á afección da instalación eléctrica ao Camiño de Santiago, cómpre dicir que con data do 15 de xuño de 2012 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable en relación coa avaliación cultural do proxecto e coa intervención no Camiño de Santiago, co cumprimento das consideracións sinaladas no informe favorable emitido con data do 9 de maio de 2012 polo Comité Asesor do Camiño de Santiago.

– Con respecto ás consideracións relativas á afección da instalación ao medio social dada a proximidade desta a núcleos de poboación, hai que sinalar que o proxecto técnico conta con informe favorable dos servizos técnicos da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería.

– Con respecto ás consideracións de carácter urbanístico, cómpre dicir que esta autorización administrativa se outorga, segundo o disposto no artigo 120.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente. Non obstante, esta dirección xeral consultou a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo con respecto ás citadas consideracións de carácter urbanístico, quen emitiu con data do 10 de xaneiro de 2013 informe ao respecto no que conclúe o seguinte: segundo a disposición transitoria 1ª.d) da LOUGA, ao solo apto para urbanizar das NSPM resúltalle de aplicación o réxime do solo urbanizable non delimitado, no cal se aplicará o réxime de rústico en canto non se aprobe o correspondente plan de sectorización de acordo co artigo 21.4 da dita lei. Segundo a disposición transitoria 1ª.f ) da LOUGA aplicarase integramente o disposto nesta lei para o solo rústico, sen considerarse as maiores limitacións establecidas, no seu caso, polo planeamento municipal. O réxime de solo rústico de protección ordinaria, establecido no artigo 36 da LOUGA, en concordancia co seu artigo 33.2.f), recolle como uso permitido por licenza municipal directa, sen necesidade de autorización autonómica previa, as redes de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica, sempre que non impliquen a transformación urbanística dos terreos polos que discorren, como sucede no presente caso, idéntico carácter de uso directamente licenciable acadan os movementos de terra, conforme o disposto no artigo 36 da LOUGA en relación co seu artigo 33.1.a). En canto á apertura do camiño, o artigo 35 da LOUGA considéraa como susceptible de obter a correspondente autorización autonómica en solo rústico, seguindo o trámite establecido ao respecto no seu artigo 41.

– Con respecto ás consideracións relativas aos efectos dos campos electromagnéticos sobre a saúde, hai que sinalar que con este tipo de instalacións non se acadan con esta liña os niveis establecidos na Recomendación do Consello de Ministros de Sanidade da Unión Europea 1999/519/CE, do 12 de xullo de 1999, relativa á exposición ao público en xeral a campos electromagnéticos de 0 Hz a 300 GHz.

– Con respecto ás consideracións relativas á ordenanza municipal que elaborará o Concello de Vilaboa coa que se pretende garantir un control continuado dos niveis de emisións electromagnéticas e fixación de límites restritivos a este respecto, así como o control urbanístico municipal mediante o outorgamento de licenza urbanística, cómpre dicir que esta autorización administrativa se outorga, de acordo co disposto no artigo 120.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

– Con respecto ás consideracións relativas á posibilidade dunha futura ampliación da subestación en catro posicións, hai que dicir que no caso de presentarse ante esta consellería por parte da empresa promotora o proxecto de ampliación das instalacións obxecto da presente resolución, cumpriranse na súa tramitación os trámites regulamentarios, en concreto, os trámites establecidos no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

• Con respecto ao informe emitido polos servizos técnicos de arquitectura do Servizo de Patrimonio Cultural de Pontevedra, con data do 30 de agosto de 2010, no cal se recolle que, debido á afección da instalación ao Camiño de Santiago, antes da aprobación do proxecto sectorial, deberá ser emitido informe sobre el por parte da Consellería de Cultura e Turismo (actual Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) co obxecto de impoñer as medidas protectoras e correctoras que se consideren necesarias para a protección do Patrimonio Cultural de Galicia, hai que dicir que Red Eléctrica de España, S.A.U., con data do 16 de marzo de 2012, presenta ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o informe final da avaliación cultural da Subestación eléctrica 220 kV Tomeza e das liñas L/220 kV Tomeza-L Lourizán-Tivo e L/220 kV Tomeza-L Lourizán-Pazos de Borbén (Pontevedra), emitindo esa dirección xeral informe favorable con data do 15 de xuño de 2012, co cumprimento dunha serie de consideracións recollidas nel.

• Con respecto ao condicionado emitido por Unión Fenosa Distribución, S.A., en que expresan a necesidade de que Red Eléctrica de España, S.A.U. modifique o proxecto tendo en conta que segundo un acordo asinado por ambas as dúas entidades, os terreos obxecto de expropiación terían sido vendidos a Red Eléctrica de España, S.A.U., invadindo ademais, a parcela prevista para a subestación de distribución, cómpre dicir que Red Eléctrica de España, S.A.U. presenta escrito de contestación ao condicionado no cal rexeita as consideracións recollidas nel. O devandito escrito de contestación foi remitido pola Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería a Unión Fenosa Distribución, S.A., e non ten constancia esta consellería, na data de hoxe, da emisión dun novo escrito de reparos, polo que, de acordo co establecido no artigo 131.4 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a conformidade de Unión Fenosa Distribución, S.A. coa contestación ao condicionado efectuada polo peticionario. Non obstante, en relación coas consideracións efectuadas por Unión Fenosa Distribución, S.A., cómpre dicir que con respecto aos erros na titularidade así como na superficie de afección, será durante o levantamento de actas previas á ocupación o momento no cal se poderá demostrar a titularidade dos predios, para o que se achegará a documentación acreditativa precisa e momento no cal se farán constar as manifestacións e datos que sexan útiles para a determinación das características da superficie de afección.

Cuarto. Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada pola empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

• Con respecto ás alegacións presentadas por José Luís Poceiro Martínez, alcalde-presidente do Concello de Vilaboa, danse por contestadas coa resposta dada aos condicionados emitidos por ese concello no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

• Con respecto ás alegacións en que se pon de manifesto a gran preocupación existente entre os veciños da parroquia de Bértola a consecuencia do impacto visual e social e da incidencia na súa calidade de vida que derivará da implantación destas infraestruturas eléctricas, sinalando a especial sensibilidade da zona debido á proximidade dun núcleo de poboación, o sentir dos veciños desa parroquia é de absoluta oposición á situación nesta zona de máis infraestruturas eléctricas dada a afección na súa calidade de vida e saúde que disto derivará, cómpre dicir que con data do 16 de novembro de 2007, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emite informe de cualificación ambiental, en relación co proxecto da Subestación de transporte de Tomeza 220 kV xunto co proxecto da liña a 220 kV de entrada e saída nela, no cal se considera a non procedencia de someter o devandito proxecto ao trámite de avaliación de impacto nin de efectos ambientais. Ademais, con data do 7 de xuño de 2012, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informa do mantemento da cualificación ambiental emitida no seu día. Por outra banda, o expediente conta con informe favorable dos servizos técnicos desta consellería.

• Con respecto ás alegacións de carácter ambiental e ás relacionadas coa necesidade de avaliación global do Plan de electrificación do eixe atlántico de alta velocidade, hai que sinalar que, con data do 23 de maio de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas efectuou consulta á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre o mantemento ou non da cualificación ambiental do proxecto ditada con data do 16 de novembro de 2007 e achega copia dos informes con consideracións ambientais emitidos na tramitación administrativa do expediente, así como das alegacións presentadas con consideracións ambientais. Á vista desta documentación e unha vez revisado o expediente que figura nesa secretaría xeral, infórmase que tanto o proxecto da subestación como da liña de entrada/saída non se atopan previstos nos anexos I e II do texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, e posteriores modificacións, nin no anexo do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non tendo a zona de actuación na actualidade (como tampouco cando se emitiu a anterior cualificación ambiental) ningunha figura autonómica ou estatal de protección de espazos naturais, non son, polo tanto, de aplicación outros posibles supostos previstos na devandita normativa e, en consecuencia, esa secretaría xeral informa que pode manterse a cualificación ambiental emitida no seu día, en que se considera a non procedencia de someter o devandito proxecto ao trámite de avaliación de impacto nin de efectos ambientais.

Quinto. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Industria, adopta o seguinte

ACORDO:

1. Autorizar administrativamente a Nova subestación de transporte de Tomeza 220 kV, no termo municipal de Vilaboa (Pontevedra), promovida por Red Eléctrica de España, S.A.U.

2. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica citada, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, asinado polo enxeñeiro industrial Julio Alguacil Prieto, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Delegación da Coruña, con número de visado dixital CO100255, con data do 4 de febreiro de 2010, e cun orzamento de 10.185.721 euros.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberá cumprir canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así como demais normativas e directrices vixentes aplicables.

Cuarta. O peticionario asegurará o cumprimento do disposto tanto nos informes de cualificación ambiental de datas 16 de novembro de 2007 e 7 de xuño de 2012, como no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con data do 15 de xuño de 2012.

Quinta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e deberá comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Sexta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos pola empresa promotora.

Sétima. Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución.

Oitava. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34.1 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Novena. Esta autorización dáse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.