Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Triacastela e Pedrafita do Cebreiro (expediente IN407A 2012/85-2, 8053 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT TTL-SEQ805.

Situación: concellos de Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Características técnicas:

• LMTA núa saída Triacastela, con orixe no pórtico de media tensión existente da subestación de Triacastela e final nun paso aéreo a soterrado nun apoio de formigón proxectado, cunha lonxitude de 16 metros en condutor tipo LA-110.

• LMTS saída Triacastela, con orixe nun paso aéreo a soterrado nun apoio de formigón proxectado e final nun paso aéreo a soterrado nun apoio de celosía metálico existente, cunha lonxitude de 163 metros en condutor tipo RHZ-240.

• LMTS enlace Sequeiros 805, con orixe nun paso aéreo a soterrado proxectado sobre apoio de celosía metálica existente e final nun paso aéreo a soterrado proxectado nun apoio de formigón existente, cunha lonxitude de 495 metros en condutor tipo RHZ-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo