Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1055/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1055/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Gómez Seijas contra a empresa Industrias Caamaño, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza número 949/2012 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre resolución de contrato 1055/2012, sendo demandante José Antonio Gómez Seijas, asistido pola letrada Sra. Pérez López, e demandada a empresa Industrias Caamaño, S.L.U.

E decido que debo admitir e admito a demanda interposta por parte de José Antonio Gómez Seijas contra a empresa Industrias Caamaño, S.L.U. e, en consecuencia declaro, con efectos da data da presente sentenza, a resolución da relación laboral existente entre o traballador e a empresa, como consecuencia do incumprimento contractual do empresario, e condeno a empresa demandada a aboarlle a José Antonio Gómez Seijas a suma de 58.671 euros, en concepto de indemnización, así como a cantidade de 7.943,87 euros, en concepto de salarios debidos.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Industrias Caamaño, S.L.U., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial