Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (898/2011).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 898/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Méndez Brandón contra a empresa Promotora Carballesa, S.A., Administración concursal de Promotora Carballesa, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 898/2011, seguidos por instancia de Juan Méndez Brandón, que comparece asistido do letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Promotora Carballesa, S.A. que non comparece malia estar citada en legal forma, administrador concursal de Promotora Carballesa, S.A., que non comparece malia estar citado en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, versando a litis sobre despedimento.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Méndez Brandón, que comparece asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Promotora Carballesa, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma, administrador concursal de Promotora Carballesa, S.A., que non comparece malia estar citado en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto de xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes, con condena da empresa indicada a que lle aboe ao Sr. Méndez a cantidade de 40.707,04 euros en concepto de indemnización e o aboamento dos salarios de tramitación en contía de 58,63 euros diarios desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Promotora Carballesa, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

O secretario xudicial