Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6210

I. Disposicións xerais

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2013 pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e de documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha aplicación adecuada das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a orde á que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas coma os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que crearon ou modificaron os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola cal mediante esta resolución se procede a revisar as codificacións recollidas na orde citada, e consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar as táboas dos códigos de consellerías e servizos recollidas no anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 da forma que se especifica a continuación:

a) Engádese o código do servizo número 08, na Consellería de Facenda, que queda redactado como segue:

08

Axencia Tributaria de Galicia

OA

b) Engádese o código do servizo número 10, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que queda redactado como segue:

10

Axencia Galega para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

OA

c) Modifícanse a denominación do código de servizo número 07, na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que queda redactado como segue:

07

Axencia Turismo de Galicia

OA

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 do xeito seguinte:

A) Engádese os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.54.00

Actuacións relacionadas coas avaliacións ou informes do profesorado universitario

30.54.01

Avaliacións ou informes previos á contratación do profesorado universitario

30.54.02

Duplicado das resolucións correspondentes as avaliacións ou informes do profesorado universitario

30.54.03

Certificación das resolucións correspondentes ás avaliacións ou informes do profesorado universitario

31.01.19

Pola expedición de certificados comprensivos de servizos de transporte público de persoas: por cada servizo de transporte obxecto de certificación

31.44.06

Emisión de certificacións e informes técnicos e outras actuacións por petición do interesado

32.07.26

Comunicación de inicio de cursos teórico-prácticos polas entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial

32.19.01

Ascensores

32.19.02

Bombonas de gas

32.19.03

Depósitos de gas

32.19.04

Eléctricas receptoras

32.19.05

Frigoríficas

32.19.06

Guindastres móbiles autopropulsados

32.19.07

Guindastres torre

32.19.08

Instalacións térmicas nos edificios

32.19.09

Interiores de auga

32.19.10

Petrolíferas

32.19.11

Protección contra incendios

32.19.12

Receptoras de gas

32.35.01

Inspección anual dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves

32.35.02

Notificación obrigatoria antes da construción dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves

32.35.03

Notificación obrigatoria antes da explotación dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves

32.35.04

Comunicación obrigatoria por calquera cambio significativo dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves

32.36.11

Autorización para a constitución de hipotecas e outros dereitos de garantía

32.52.14

Baixa da autorización de xestor de residuos para actividades de almacenamento, valorización e eliminación de residuos

32.52.15

Baixa da inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia

32.52.16

Modificación das autorizacións de xestores de valorización e eliminación

32.52.17

Modificación das autorizacións de xestores de almacenamento de residuos

32.52.18

Autorización e prórroga dos sistemas individuais de responsabilidade ampliada do produtor

32.52.19

Autorización e prórroga dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor

32.69.00

Actuacións en relación co Rexistro do Control Metrolóxico

32.69.01

Inscrición no Rexistro de Control Metrolóxico de Fabricantes, Importadores, Comercializadores ou Arrendadores. Primeira inscrición

32.69.02

Inscrición no Rexistro de Control Metrolóxico de Fabricantes, Importadores, Comercializadores ou Arrendadores. Cesamento ou modificación

32.69.03

Declaración responsable de reparadores de instrumentos de medida suxeitos a control metrolóxico. Primeira inscrición

32.69.04

Declaración responsable de reparadores de instrumentos de medida suxeitos a control metrolóxico. Cesamento ou modificación

32.69.05

Preasignación de códigos de precintos aos reparadores inscritos no Rexistro de Control Metrolóxico

32.70.00

Plans ou proxectos

32.70.01

Tramitación dun plan ou proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

32.70.02

Tramitación dun proxecto industrial estratéxico

32.71.00

Verificación da marcación CE como consecuencia de reclamación ou de denuncia

32.72.00

Rexistro extemporáneo de instalación afectada polo Regulamento de seguridade industrial

32.73.00

Laboratorio Oficial de Vehículos Históricos

32.74.00

Concesión da etiqueta ecolóxica

32.75.00

Certificación para desgravación fiscal por investimento ambiental

32.76.00

Valoracións tributarias de bens inmobles situados na Comunidade Autónoma de Galicia que vaian ser obxecto de adquisición ou de transmisión, realizadas por técnicos ao servizo da Axencia Tributaria de Galicia para os efectos dos tributos cuxa xestión lle corresponda (por cada ben inmoble)

32.76.01

Pisos, locais, garaxes, almacéns, predios rústicos ata 10 ha sen edificacións

32.76.02

Casas, naves, edificios ou partes dun edificio, hoteis

32.76.03

Solos urbanos, urbanizables, mixtos e asimilados

32.76.04

Predios rústicos de máis de 10 ha, con melloras ou con edificacións

32.76.05

Inmobles singulares do patrimonio histórico e resto de bens ou dereitos

B) Modifícanse os códigos seguintes:

30.51.02

Actividades de empresas comercializadoras e explotadoras de apostas

30.51.05

Autorización da instalación e localización de máquinas auxiliares de apostas (en locais de hostalaría). Por cada máquina auxiliar instalada

31.01.01

Outorgamento, transmisión, visado, rehabilitación, cambio e exención de autorización habilitante para o exercicio de actividades de transporte

31.01.05

Outorgamento, modificación ou prórroga de autorizacións para servizos de transporte público regular permanente de uso especial, regular temporal, ou para servizos de transporte a lugares de lecer

31.01.06

Competencia profesional para o exercicio de actividades de transporte, así como para o exercicio de conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas

31.01.07

Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular permanente ou temporal de uso xeral

31.20.00

Por autorización previa á licenza municipal en solo rústico. Sobre o importe do proxecto suxeito á autorización

31.35.00

Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas polo persoal técnico ao servizo da Administración hidráulica, cando se deban facer como consecuencia das disposicións en vigor ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas

32.01.00

Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas por persoal técnico ao servizo da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais dependentes dela, cando se deban facer como consecuencia de disposicións en vigor ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas

32.07.07

Rexistro de entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial

32.07.14

Modificación ou cesamento no Rexistro de entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial. Sobre a tarifa consignada na subepígrafe 07 percibirase o 50 % desta

32.09.00

Inscrición no Rexistro Industrial e/ou autorización de funcionamento así como as preceptivas actualizacións

32.15.00

Posta en servizo de guindastres torre

32.17.00

Rexistro de instalacións con equipamentos a presión

32.18.00

Rexistro de instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica e gas

32.19.00

Rexistros de instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial

32.25.00

Emisión de certificados de verificación periódica ou de verificación tras a reparación ou modificación, emitidos directamente pola Administración, cando os ensaios os realice un laboratorio designado por ela. Por instrumento (non inclúe a tarifa do ensaio, que deberá ser aboada ao laboratorio designado pola Administración)

32.25.01

Aparellos, instrumentos ou sistemas de medida que non teñan taxa específica

32.25.13

Instrumentos de medida de son: sonómetros,calibradores acústicos e medidores persoais de exposición sonora

32.25.14

Instrumentos de medida de velocidade: cinemómetros

32.25.15

Opacímetros e analizadores de gases de escape

32.25.17

Medidores de concentración de alcohol en aire expirado: etilómetros

32.26.02

Verificación de contadores eléctricos realizada directamente pola Administración, por instrumento

32.26.03

Verificación de contadores de auga fría de menos de 40 mm de diámetro, con caudais comprendidos entre 0,0125 m3/h e 20 m3/h, realizada directamente pola Administración, por instrumento

32.26.04

Verificación de contadores de gas de paredes deformables G 1.6 a G10 e caudais de 16 litros/hora ata 16 m3/hora realizada directamente pola Administración, por instrumento

32.35.00

Establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves

32.36.01

Prórroga e cambio de dominio inter vivos ou mortis causa de establecementos produtivos e experimentais

32.36.02

Modificacións na estrutura e cambio de sistema dos establecementos produtivos ou experimentais, excepto as que afectan o volume de edificabilidade ou o dominio público marítimo terrestre dos situados na zona terrestre

32.36.03

Modificacións no cultivo (cambio de especies ou das técnicas de cultivo) dos establecementos produtivos ou experimentais

32.36.05

Cambio de localización de establecementos produtivos e experimentais

32.36.09

Outorgamento de títulos habilitantes para novos establecementos de produción e modificacións que afecten o volume de edificabilidade ou o dominio público marítimo-terrestre dos situados na zona terrestre

32.55.01

Operacións de ensaio de ouro e, de ser o caso, contraste

32.55.02

Operacións de ensaio de platino e, de ser o caso, contraste

32.55.03

Operacións de ensaio de prata e, de ser o caso, contraste

32.55.04

Análise consultiva de ouro e certificación de lei

32.55.05

Análise consultiva de platino e certificación de lei

32.55.06

Análise consultiva de prata e certificación de lei

C) Elimínanse os códigos seguintes:

31.01.08

Outorgamento ou rehabilitación de autorización da Axencia Central de Transporte, transitario ou almacenista distribuidor

31.01.10

Prórroga, visado ou modificación das autorizacións da subepígrafe 08

32.25.02

Instrumentos non automáticos de medida de masa ata 600 kg

32.25.03

Instrumentos non automáticos de medida de masa de máis de 600 kg

32.25.04

Instrumentos automáticos de medida de masa

32.25.05

Instrumentos de medida de volume non automáticos

32.25.06

Instrumentos automáticos de medida de volume: surtidores, por mangueira

32.25.07

Instrumentos automáticos de medida de volume: sistema de medida sobre camión cisterna

32.25.08

Instrumentos automáticos de medida de volume: contadores de auga fría

32.25.09

Instrumentos de medida de temperatura: termómetros e rexistradores de temperatura

32.25.10

Instrumentos de medida de presión: manómetros e vacuómetros

32.25.16

Taxímetros

32.25.19

Contadores eléctricos

32.52.01

Autorización de produtor de residuos perigosos

32.52.08

Autorización ou prórroga da autorización de xestión de residuos para actividades de transporte de residuos urbanos

32.52.09

Autorización de xestión de residuos para actividades de transporte de residuos perigosos con asunción da titularidade

Terceiro. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 do xeito seguinte:

Suprímese a entidade: Caja de Ahorros del Mediterráneo.

Cuarto. Actualizar o anexo I e II da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 engadindo os seguintes códigos:

35.29.00

Servizo de rescate

36.42.00

Análise do Laboratorio do Issga

36.43.00

Servizos de profesionalización e desenvolvemento estratéxico para pequenas e medianas empresas e microempresas

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia