Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6215

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 26 de febreiro de 2013 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

O artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), conforme a denominación actual do organismo establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, dispón que o Consello de Dirección estará formado polo seu presidente, un vicepresidente, o seu director, cinco vogais e un secretario, correspondéndolle o nomeamento dos vogais e do director ao conselleiro que desempeñe as competencias en materia do medio rural.

En virtude dos decretos 1/2012, do 3 de xaneiro, e 13/2012, do 4 de xaneiro, fixouse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das súas consellerías; establecéndose mediante o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

O compromiso do Goberno galego cos principios de austeridade, eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración da Xunta de Galicia plásmase nesta orde ao posibilitar que as funcións e facultades inherentes á dirección do Fogga sexan realizadas por un director xeral da consellería.

Na súa virtude e no uso das competencias que me atribúen os puntos 3º e 4º do artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e 9.1º e 14.1º do Decreto 128/1996, do 14 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese José Álvarez Robledo, como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), agradecéndolle os servizos prestados.

Artigo 2

Nomear a persoa titular da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, como directora do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar