Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6076

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de febreiro de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 2 de xaneiro de 2013.

Por Orde do 2 de xaneiro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 10 de xaneiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 2 de xaneiro de 2013 e designar a funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e a base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: Mª Victoria González Vázquez.

Número de rexistro de persoal: 3329686246 A207D.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Escala superior de finanzas. Especialidade de inspección e xestión financeira e tributaria.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura da Área de Colaboración Social, Información e Asistencia.

Código do posto: FCA020000015770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.