Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6238

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 31 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a empresas privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de establecementos hoteleiros do grupo I e creación ou mellora da oferta complementaria de establecementos hoteleiros do grupo I existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 29 de xuño de 2012), modificada pola Resolución do 9 de outubro de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 16 de outubro).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 30, do 12 de febreiro de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo, na páxina 4134, en relación co beneficiario Inversiones Marapa, S.L., no importe da subvención 2012, onde di: «38.867,79 €», debe dicir: «1.557,92 €»; e no importe da subvención 2013, onde di: «38.867.79 €», debe dicir : «76.177,64 €».

No anexo, na páxina 4134, en relación co beneficiario Gestión Hotelera Noroeste, S.L., no importe da subvención 2012, onde di: «43.034,57 €», debe dicir: «23.464,72 €»; e no importe da subvención 2013, onde di: «156.965,43 €», debe dicir: «176.535,28 €».