Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de suspensión do procedemento sancionador do expediente 2013046TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 1 de febreiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de suspensión do procedemento sancionador do expediente 2013046TA-CO incoado a José Luis González Castiñeira.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a José Luis González Castiñeira o contido do dito acordo de suspensión que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 8 de febreiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013046TA-CO.

Interesado: José Luis González Castiñeira (Pub Aeroclub).

DNI/NIF/CIF: 32836218-S.

Último enderezo coñecido: Monte Alto, 33, 2º, 15002 A Coruña.

Acordo: suspensión do procedemento sancionador por estar incurso no procedemento sancionador do expediente 2012275TA-CO e ao non haber resolución administrativa firme.