Con data do 21 de xaneiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013031AL-CO incoado a Jillali Lougzili Rida (Carnicería Zaid Halal).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Jillali Lougzili Rida (Carnicería Zaid Halal) o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 6 de febreiro de 2013
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2013031AL-CO.
Interesado/a: Jillali Lougzili Rida (Carnicería Zaid Halal).
DNI/NIF/CIF: 45905820M.
Último enderezo coñecido: rúa Os Concheiros, 9, 15703 Santiago de Compostela.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo/s infrinxido/s: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro), artigo 57.2.c), puntos 1 e 2.
Lei 17/2001, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigo 6, puntos 1 e 2; artigo 50.1.b), d) e e); artigo 51.1.
Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DOG nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DOG nº 204, do 4 agosto de 2007), artigo 5, puntos 1 e 2 a), b), c) ,d), e), f), g); anexo II, capítulo I, capítulo V; capítulo VIII; capítulo IX; capítulo XII.
Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo (BOE nº 273, do 14 de novembro), artigo 4.d), anexo, capítulo I.
Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios, artigo 18.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 5.000 € (cinco mil euros).

