Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012276TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de xaneiro de 2013, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2012276TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Construcciones Petrolíferas Isla de Mar, S.L., titular do establecemento El Local.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Construcciones Petrolíferas Isla de Mar, S.L., titular do establecemento El Local, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

P.S. (Acordo 11.1.2013)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: 2012276TA-CO.

Denunciado: Construcciones Petrolíferas Isla de Mar, S.L., titular do establecemento El Local.

DNI/CIF: B15961097.

Último enderezo coñecido: Centro Comercial Pontiñas, local B-33. Lalín.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42.e) da Lei 8/2008; artigos 2.2; 7.u); 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.