De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 22 de xaneiro de 2013, infórmase que o día 21 de marzo de 2013, ás 10.00 horas, no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:
|
Lote |
Descrición do ben |
Valoración |
Cargas |
Tipo 1 |
Tramos |
|
3 |
5/37 do pleno dominio con carácter privativo por título de agrupación, obra nova e división horizontal do local destinado a prazas de garaxe e rocho, sito no andar de soto máis elevado do edificio sinalado co número 63 da avenida Xesús García Naveira, en Betanzos. Superficie construída: 208 metros cadrados. Predio nº 20309 Rexistro da Propiedade de Betanzos. |
8.587,59 |
8.587,59 |
0 |
|
|
4 |
100 % do pleno dominio por título de permuta do predio urbano, soar sito na rúa Ramón Franco, no concello de Arzúa. Ten unha superficie de 109 metros cadrados. Predio nº 23421 Rexistro da Propiedade de Arzúa. |
5.558,52 |
5.558,52 |
0 |
|
|
5 |
100 % do pleno dominio por título de compra da casa nº 21 sita no lugar da Canteira, parroquia de Oza, concello da Coruña. Consta de andar baixo e andar alto e ocupa a superficie de 40 metros e 32 decímetros cadrados. Predio 1908 Rexistro da Propiedade da Coruña nº 6. |
69.524,00 |
69.524,00 |
0 |
|
|
6 |
Nave industrial dedicada a almacén frigorífico e zona de elaboración de conxelados, cunha superficie construída de 3.471,36 metros cadrados, sobre terreo de 3.762,73 metros cadrados. Predio 13740 do Rexistro da Propiedade de Noia. |
677.817,80 |
244.269,00 |
433.548,80 |
0 |
|
8 |
Nave industrial dedicada a gando, coñecida como Xunto Fonte da Lama da Roda, sita no lugar de Vizoño, concello de Abegondo, cunha superficie de 6.140 metros cadrados sobre unha superficie ocupada de 320 metros cadrados. Predio número 21921 do Rexistro da Propiedade de Betanzos. |
45.129,60 |
45.129,60 |
0 |
|
|
9 |
Predio rústico, a labradío e monte, denominada Covas, sita no concello de Abegondo, parroquia de Mabegondo, cunha superficie de 24 áreas, 80 centiáreas. Predio 946 de concentración parcelaria, número 19973 do Rexistro da Propiedade de Betanzos. |
1.940,44 |
1.940,44 |
0 |
|
|
10 |
100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda da vivenda do andar terceiro alto, dereita, da casa número 12 da rúa Constitución, na parroquia do Temple, concello de Cambre. Ten unha superficie útil aproximada de 106 metros e doce decímetros cadrados. Ten como enexo o rocho sinalado co número 5 do aproveitamento baixo cuberta dunha superficie útil de 30 metros cadrados. Predio nº 12376 Rexistro da Propiedade da Coruña 5. |
191.648,30 |
111.452,00 |
80.196,30 |
0 |
|
11 |
Predio rústico, eucaliptal, sito no lugar da Revolta, concello de Neda, cunha superficie de novecentos sete metros cadrados. Predio catastral 15056A001012770000HE do polígono 1, parcela 1277. |
17.780,73 |
17.780,73 |
0 |
|
|
12 |
Predio rústico, a labradío secaño, sita no lugar de Castro, concello de Neda, cunha superficie de mil dezanove metros cadrados. Predio catastral 15056A038001600000HS, parcela 160, polígono 38. |
31.023,51 |
31.023,51 |
0 |
|
|
13 |
Predio rústico, a labradío, sita no lugar de Castro, tamén coñecido como Pereiro, parroquia de Santa María de Neda, concello de Neda,cunha superficie de 1.470 metros cadrados, parcela 172, polígono 38, referencia catastral 15056A038001720000HQ, predio 7354 do Rexistro da Propiedade de Narón. |
27.974,75 |
27.974,75 |
0 |
|
|
14 |
Inmoble sito no número 16 do lugar de Castros, concello de Neda, cunha superficie construída de 290 metros cadrados, distribuídos en 140 metros adicados a almacén e 150 metros cadrados dedicados a vivenda, sobre unha parcela de 490 metros cadrados. Predio con referencia catastral número 8877510N0001DB. |
98.280,00 |
98.280,00 |
0 |
|
|
15 |
Predio 15121 do Rexistro da Propiedade de Noia: predio a labradío denominado Agrolido sito no lugar de Seráns, parroquia de San Pedro de Muro, concello de Porto do Son. Superficie 2240 m2. Ref catastral 15072A034004950000PF. Linda: norte, camiño; sur, Manuel García; leste, herdeiros de Manuel Brión; oeste, herdeiros de Manuel Parada. A edificación que aparece nas fotografías do informe de taxación ten orde de derribo confirmada polas sentenzas 203/2011 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña e a 410/2012 do TSX de Galicia con/ad sec. 2. O valor de taxación é unicamento o do terreo. |
2.480,30 |
2.480,30 |
0 |
|
|
16 |
100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do baixo B da rúa Picaños, nº 57, antes nº 1 da rúa da Estrada, na cidade de Santiago de Compostela. Local dedicado a almacén cunha superficie de 60,83 m2. Ten pola súa parte traseira un anaco de patio descuberto de 62,50 m2. Predio 45012 Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela 1. |
37.081,97 |
37.081,97 |
0 |
|
|
17 |
100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do local-almacén situado no andar baixo, da casa número 4 da rúa da Estrada, hoxe número 61 da rúa Picaños, da cidade de Santiago de Compostela, formando unha unidade da superficie útil de 96 metros cadrados. Predio nº 7147 Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela nº 1. |
54.782,70 |
54.782,70 |
0 |
|
|
18 |
Prazas de garaxe identificadas como 1 e 2, no andar de soto, dunha casa sen número no lugar do Martinete da cidade da Coruña. Predio número 63309/1G2G do Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña. |
24.000,00 |
24.000,00 |
0 |
|
|
19 |
Vehículo Fiat Doblo 1.9. Bastidor ZFA22300005431716. Matrícula 3368FFY. |
9.259,00 |
0 |
9.259,00 |
0 |
|
20 |
Vehículo Peugeot 307. Bastidor VF33H9HZC85077211. Matrícula 8610FVL. |
4.992,00 |
0 |
4.992,00 |
0 |
|
21 |
100 % da propiedade de solo sen edificar de 4.320 m2 no lugar de Xeriz, concello da Laracha (A Coruña) ref. catastral: 1583213NH3818S0001XO, anotada por suspensión como predio número 22783 do Rexistro da Propiedade de Carballo. |
97.835,04 |
97.835,04 |
0 |
|
|
22 |
100 % do pleno dominio por título de división horizontal do local sito na rúa Payo Gómez, nº 12, andar 1, no concello da Coruña. Da superficie construída de 79 metros e 8 decímetros cadrados. Predio nº 95686. Rexistro da Propiedade da Coruña 1. |
173.394,00 |
19.221,00 |
154.173,00 |
0 |
De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:
a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberá de conformar, sen ter dereito a exixir outros.
b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.
c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.
e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.
O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.
f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.
h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.
i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.
j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.
A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.
A Coruña, 11 de febreiro de 2013
Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña

