Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6405

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de febreiro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior e de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1 e A2, escalas superior e técnica de finanzas respectivamente, convocados polas ordes do 27 de decembro de 2010.

En virtude das ordes da Consellería de Facenda do 27 de decembro de 2010 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011) convocáronse os procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior e de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1 e A2, escalas superior e técnica de finanzas respectivamente.

O tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 7 de novembro de 2012 (DOG núm. 218, do 15 de novembro). O tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordouno na súa Resolución do 12 de novembro de 2012 (DOG núm. 221, do 20 de novembro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron os ditos procesos selectivos poidan ser nomeados funcionarios do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, ou do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e para o corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 7 de marzo de 2013 ás 10.30 horas.

Os/as aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresen no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas terán, en todo caso, preferencia sobre os que ingresen no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que quedaran sen adxudicar.

Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Grupos

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

FCA020000415770011

FC

Xefatura de equipo

AB

25

Área de Recadación

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

2

FCA291000027001003

FC

Xefatura de equipo

AB

25

Delegación de Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

3

FCA291000027001075

FC

Xefatura de equipo

AB

25

Delegación de Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

4

FCA291000027001078

FC

Xefatura de equipo

AB

25

Delegación de Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

5

FCA291000036001090

FC

Xefatura de equipo

AB

25

Delegación de Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Pontevedra

6

FCC030000515770009

FC

Xefatura sección

AB

25

S. X. de Coordinación e Relacións co Consello de Contas

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

7

FCC030000515770011

FC

Xefatura sección

AB

25

S. X. de Coordinación e Relacións co Consello de Contas

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

8

FCC030001915770006

FC

Xefatura sección

AB

25

Intervención Delegada da Consellería do Medio Rural e do Mar

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela