Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6364

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 febreiro de 2013 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da axencia.

En consecuencia, por proposta da Axencia Tributaria de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 21 de febreiro de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de febreiro de 2013, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file