Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6368

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 febreiro de 2013 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo desta consellería.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 21 de febreiro de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de febreiro de 2013, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file