Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de adaptación da terceira planta do edificio en laboratorio de saúde pública en Lugo, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (AB-SER3-12-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

c) Número do expediente: AB-SER3-12-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: adaptación da terceira planta do edificio en laboratorio de saúde pública en Lugo, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño de 2012, e na páxina web do Sergas o 5 de xuño de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 637.602,28 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 637.602,28 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 752.370,69 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31.12.2012.

b) Data de formalización do contrato: 29.1.2013.

c) Contratista: COPCISA, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto 531.377,74 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 642.967,07 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares, e obtivo a máxima puntuación de entre todas as admitidas, segundo a resolución de adxudicación do 31 de decembro de 2012 (publicada no perfil do contratante).

7. Información complementaria: cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos