Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra O Salnés (Hospital do Salnés) pola que se notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de Sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 160/2010, do 23 de setembro (DOG nº 188, do 29 de setembro), Decreto 209/2011, do 27 de outubro (DOG nº 213, do 8 de novembro), Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG nº 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se debe presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 56 80 53.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, firmo e selo esta cédula.

Vilagarcía de Arousa, 31 de xaneiro de 2013

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

García Larrea, Emilio

001930481E

Tkachiv, Iryna

X07898466J

Werble Ericka, Lou

Y01476621N

Bartomeu Martín, Rosario

049081763Q

Chacón Gutiérrez, José Ángel

035632443S

Dobrin Cezar, Emilian

X08763535Y

Blanco Pardo, Joaquín

051110730S

Martínez Pazos, Pedro

035455636D