Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria da contratación do servizo de vixilancia sen armas e conexión a unha central de alarmas das instalacións da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio Multiúsos de San Lázaro.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica mediante Resolución do 7 de febreiro de 2013, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación.

Esta resolución constitúe un acto de trámite para os efectos do parágrafo primeiro do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia sen armas e conexión a unha central de alarmas das instalacións da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio Multiúsos de San Lázaro.

b) Lugar de execución: nas condicións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución: 24 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 60.000,00 €.

Impostos: 12.600,00 €.

Importe total: 72.600,00 €, impostos incluídos, e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2013: 24.200,00 €, impostos incluídos.

Ano 2014: 36.300,00 €, impostos incluídos.

Ano 2015: 12.100,00 €, impostos incluídos.

5. Garantías:

a) Garantía provisoria: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 103 do TRLCSP.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación, impostos excluídos.

6. Obtención de documentación e información:

No Servizo de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 23. Fax: 981 54 26 39).

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados tamén na rede da internet:

(www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18461)

Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non é requisito indispensable ter a clasificación. No caso de que o licitador posúa a clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A, non será preciso que demostre a súa solvencia técnica, económica e financeira.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

No rexistro público da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), tamén poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: Estadio Multiúsos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: publicarase no perfil do contratante.

e) Hora: 10.00 horas.

9. Gastos do anuncio:

Este anuncio será por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte