Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (254/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 254/2012, por instancia de Jimena Santa Cruz Gómez contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e a súa Administración concursal e Fogasa, sobre cantidade, nos cales no día 6 de febreiro de 2013 se ditou sentenza, coa parte dispositiva seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Jimena Santa Cruz Gómez contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e a súa Administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a suma de 9.450,99 euros brutos, polos salarios devindicados durante os meses de novembro de 2010 a abril de 2011, ambos inclusive, e parte proporcional da paga extraordinaria de xullo, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalas a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial